Recursos

Esta páxina é unha recompilación das ferramentas que coñecemos e consideramos útiles para o desenvolvemento da nosa actividade diaria. Están ordenadas alfabeticamente e, seguramente, a forma máis sinxela de atopar o que buscas é usando a utilidade para "Buscar na páxina" do voso explorador (Ctrl+F).

Autocad: ferramenta de CAD, deseño asistido por ordenador, desenvolvida por Autodesk. Versión para estudantes de balde.

AutoCAD ws: ferramenta online de CAD, deseño asistido por ordenador, desenvolvida por Autodesk.

Catálogo doutras bibliotecas, da Biblioteca da Universidade da Coruña. Unha selección de ligazóns a catálogos e buscadores de diferentes bibliotecas e sistemas de bibliotecas do mundo.

DIA: Un editor de diagramas libre, empregado para análise sintáctica en árbore, e outros usos.

Dicionario visual da construción galego-español:  formato pdf, publicado polo COAG.

Dropbox: servidor online para gardar os arquivos na nube e poder acceder a eles dende calquera ordenador con internet.

Etymonline: Dicionario etimolóxico da lingua inglesa, completo e gratuíto.

Gliffy: ferramenta online para crear mapas conceptuais de maneira sinxela.

Google Docs: ferramenta ofimática online, desenvolvida por Google.

IPA Fonts: a fonte (Doulos Sil) máis empregada para transcribir foneticamente seguindo o Alfabeto Fonético Internacional (IPA). Desenvolvida polo Summer Institute of Linguistics. Accesible dende o Centro de Software de Ubuntu: ttf-sil-doulos.

Matlab: ferramenta de cálculo matemático (versión estudante de balde), desenvolvida por MathWorks.

Octave: ferrameta de cálculo matemático. Alternativa libre ao Matlab, aínda que de menor potencia.

OED: O Oxford English Dictionary. A súa versión Online é de pago, mais pode ser accedida gratuitamente desde a rede das universidades do Sistema Universitario de Galicia.

Praat:  ferramenta para análise acústica dos sons da fala. Accesible no Centro de Software de Ubuntu.

PSPP: Versión libre do coñecido software estatístico SPSS.

Rebiun: Catálogo da Rede de Bibliotecas Universitarias do Estado. Permite a búsqueda en todas as bibliotecas do Estado Español.

Sketchup: ferramenta online de CAD 3D, desenvolvida por Google.

Ubuntu: distribución basada en GNU/Linux desenvolvido por Canonical.

WordReference: Dicionario multilingüe (16 linguas), con definicións, traducións, sinónimos e expresións. Inclúe unha sección de foros onde discutir usos dubidosos.

Xerador de precios: base de datos de precios da construción por provincia, desenvolvida por Cype.